Arquivada a denuncia da Plataforma pola Remunicipalización de Servizos Públicos contra o alcalde de Ferrol

Jorge Suárez informou en rolda de prensa da decisión do Xulgado número 2 e afirma que “queda claro e patente que esa denuncia non tiña ningún sustento xurídico”.

O Xulgado número 2 arquivou a denuncia presentada pola Plataforma pola Remunicipalización de Servizos Públicos contra o alcalde de Ferrol. Anunciouno hoxe en rolda de prensa o propio Jorge Suárez.

Queda claro e patente que esa denuncia non tiña ningún sustento xurídico

Con esta denuncia son xa dúas as arquivadas contra o consistorio polo mesmo motivo. A anterior fora cando estaba na alcaldía o PP con José Manuel Rey Varela como rexedor. Nese caso a denuncia non estaba personificada como acontecía agora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Suárez lembrou a total colaboración coa xustiza con “todos os informes internos, externos, como de intervención que din que fixemos o correcto ao suspender a taxa”. O alcalde afirmou que cando chegaron ao goberno “estábase pagando por un servizo de depuración que non se realizaba.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -