O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, informou en rolda de prensa de que o Concello e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convocarán unha serie de concursos de arquitectura para levar a cabo algunhas das actuacións máis relevantes previstas na cidade de cara aos vindeiros anos.
Ademais da remodelación das rúas Clara Campoamor e Restollal, na convocatoria tamén se contempla a mellora da integración urbana do Matadoiro e a reforma do palacete da Finca do Espiño. Como actuacións a longo prazo, tamén están incluidas a reforma da rúa de Xoán XXIII, o acondicionamento da praza pública con aparcadoiro soterrado en Mestre Mateo, o campus da música de Fontiñas e os centros socioculturais de Triacastela e A Almáciga.