Xa se pode participar no proxecto didáctico-cultural aRi[t]mar, organizado pola EOI de Santiago. Onte 20 de febreiro déronse a coñecer as candidaturas finalistas ás músicas da Galiza e de Portugal 2018.
A través desta ligazón do proxecto, calquera pode elixir a que considere mellor das seguintes músicas da Galiza: Baiuca (Solpor), Dakidarría (Sobran as palabras), Guadi Galego (Fronteiras), Mercedes Peón (Déixaas), Nao (Cultura crítica con Feat Tanxugueiras & SonDaRúa), Pauliña (Non é ficción), Sofía Espiñeira (A cabalo), Son Trío (Un día), Tanxugueiras (Que non mo neguen) e Xoán Curiel e A banda do verán (A casa do terror).
Por Portugal as finalistas son: António Zambujo (Sem Palavras), Carolina Deslandes (Avião De Papel ft. Rui Veloso), D.A.M.A (Nasty), Luisa Sobral (O Melhor Presente), Márcia (Tempestade), Mariza (Quem Me Dera). Os Azeitonas (Efeito do Observador), Os Quatro e Meia (A Terra Gira), Sérgio Godinho (Grão Da Mesma Mó) e Valas (Estradas No Céu ft. Raquel Tavares). Para poder votar tedes que entrar aquí.
O prazo para participar na votación finaliza o 20 de marzo.
aRi[t]mar galiza e portugal
O proxecto aRi[t]mar galiza e portugal xurdiu inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela,e o seu obxectivo é divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.