Home Programas Espazo Aberto aRi[t]mar 2019: Música e poesía para o achegamento con Portugal

aRi[t]mar 2019: Música e poesía para o achegamento con Portugal

0
aRi[t]mar 2019: Música e poesía para o achegamento con Portugal

En 2014 entraba en vigor a Lei Paz Andradepara o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía” que tamén ten por obxectivo aproveitar o galego como unha lingua de utilidade internacional. En outubro de 2018, tamén se creaba a Rede da GaliLusofonía, unha rede de entidades civís e públicas de Galicia e Portugal que fomentaban a lusofonía en todos os ámbitos, desde a cultura á economía. Tamén aumentou a demanda da aprendizaxe de idiomas e nomeadamente, do alumnado galego que quere estudar portugués.

Estes e outros cambios supuxeron para Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, unha concienciación para a sociedade galega: “démonos conta de que o achegamento ao portugués é bo para nós en todos os sentidos.” Comenta tamén que estudar portugués mellora o noso galego.

Achegámonos á escola para falar con Constenla e con varias alumnas. As motivacións para estudar portugués son varias: desde o utilitarismo ata a procura dunha maior proximidade con Portugal. Ou ambas, porque “unha cousa non quita a outra”, dicía un dos alumnos. Algúns dos estudantes de portugués din que é “unha lingua irmá do galego”, “a versión internacional da nosa lingua” ou que “a mesma lingua”

aRi[t]mar, o 4 decembro

Nese proceso nace o aRi[t]mar Galiza e Portugal, un proxecto que xorde na Escola Oficial de Idiomas “como acompañamento desa demanda social no marco da Lei Valentín Paz Andrade de vínculos coa lusofonía”, en verbas de Gonzalo Constenla.

O obxectivo é xerar un maior contacto entre as dúas beiras do Miño a través da poesía e da música, mais “non só con fados”. O proxecto desenvólvese nas aulas de galego e de portugués durante todo o ano e tras un proceso de votación popular, escóllense as melloras pezas musicais e os mellores poemas de 2018 para seren representados nunha gala anual. Este ano será o 4 de decembro no Auditorio de Galicia, coa presenza de Tanxugueiras, Os Azeitonas, Marta Chaves, Susana Aríns, Carlos Blanco e Uxía.

Podes ver aquí a gala aRi[t]mar do pasado ano