Home Programas Área Compostela Arantza Rojas, Gala Gracia e Matthie Boivineau, premiadas no Festival de Cine Rural Carlos Velo

Arantza Rojas, Gala Gracia e Matthie Boivineau, premiadas no Festival de Cine Rural Carlos Velo

0
Arantza Rojas, Gala Gracia e Matthie Boivineau, premiadas no Festival de Cine Rural Carlos Velo

A cuarta edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo chega á súa fin. Nesta ocasión, presentáronse máis de 300 curtametraxes producidas por directoras e directores de Galicia, España e o resto do mundo. As obras premiadas foron “El color de la sed”, de Gala Gracia, na categoría de ficción, e “Asturias, patria dolida”, de Arantza Rojas, como mellor documental. A cineasta asturiana puxo en valor a riqueza cultural do mundo rural.

A cerimonia comezou coa lectura dun pequeño fragmento da obra cume de Neira Vilas, “Memorias dun neno labrego”. Baixo a música de Aser Álvarez, un dos directores do festival, a regueifeira Alba María deu voz ao xove Balbino durante o transcurso do acto, e agasallou ó público asistente coas súas sonoras regueifas.

Por outra banda, o Premio do Público foi para o francés Matthieu Boivineau pola súa produción “Os froitos do tempo”. O cineasta Óliver Laxe, presidente do xurado deste festival, deu conta do veredito e agradeceu á organización o “éxito” desta cuarta edición.

https://nostelevision.gal/compostela-presume-de-cultura-rural/