Aquel-e critica o ensino de galego no seu novo vídeo

O 'youtuber' Aquel-e tamén é opositor e profesor particular, o que lle serviu para detectar varios erros no sistema educativo

Aquel-e ademais de youtuber é opositor a profesor. Iso serviulle para facer unha crítica ao sistema educativo. Pon coma exemplo o feito de ensinar -sen éxito- diferencia entre ‘te’ e ‘che’ a estudante monolingües en castelán cando “non saben nin dicir dúas palabras en galego.”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Tamén fala daquela vez que atopou nun libro de texto un queixo de tetilla a carón dun poema de Manuel María: “Basean o ensino da lingua nun costumismo estúpido.” Conclusión: “O sistema educativo é perxudicial para a nosa lingua. Desde as institucións ignoran que o noso idioma está nunha situación pésima e nós teremos algo que facer.”

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -