O Pleno extraordinario celebrado hoxe no Pazo de Raxoi prevíase tenso antes da súa celebración polo tema a tratar: a modificación de crédito para afrontar o pago de varias sentenzas xudiciais froito de actuacións realizadas polos gobernos anteriores ao actual. Neste caso solicitábase a modificación de crédito por case un millón de euros, tal e como explicou ao comezo a concelleira de Facenda María Rozas.
Na quenda de intervencións as tres formacións políticas da oposición, PP, PSdeG e BNG, criticaron o xeito de convocar este pleno
As tres formacións non negaron as diferentes responsabilidades nas decisións que deron lugar as diferentes sentenzas aínda que coincidiron en afirmar que a toma de decisións que poden ser equivocadas forma parte da súa función como xestores públicos.
Martiño discrepou dos argumentos da oposición
Na última quenda de intervencións o alcalde, Martiño Noriega, discrepou dos razonamentos expresados polos grupos da oposición.
No Pleno de hoxe tamén se aprobou unha transferencia ao Auditorio de Galicia por un importe de 124.146,62 euros co obxectivo de manter a súa actividade do Auditorio logo de recibir menos subvencións que noutras ocasións. Todas as decisións aprobáronse cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención de PP, PSOE e BNG.