Home Programas Área Compostela Apróbase a construción da pasarela que unirá o centro infantil e a escola de Fontiñas

Apróbase a construción da pasarela que unirá o centro infantil e a escola de Fontiñas

0
Apróbase a construción da pasarela que unirá o centro infantil e a escola de Fontiñas

Os centros de educación infantil e primaria de Fontiñas contarán con pasarela cuberta. A xunta de goberno municipal aprobou o proxecto básico e de execución da mesma como anunciou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Era un proxecto moi demandado

Haberá unha nova conexión cuberta entre o centro de Educación Infantil e o de Primaria de Fontiñas. As obras terán un orzamento base de licitación de máis de 165.000 euros.

Outros acordos

Na mesma rolda de prensa o alcalde tamén anunciou a substitución de cinco vehículos da flota de autobuses do transporte urbano de viaxeiros da cidade.

O Goberno municipal tamén deu o seu visto bo a un convenio con COGAMI para o desenvolvemento dun programa experimental de emprego. Á execución dese acordo, que se materializará a través da Axencia Local de Colocación, destinaranse 15.000 euros.