Aprobadas as bases do Rexistro municipal de demandantes de vivenda en alugueiro

O prazo para inscribirse no rexistro estará aberto ata o 30 de novembro

O Goberno de Santiago vén de aprobar as bases que regularán a incorporación ao Rexistro municipal de demandantes de vivenda en alugueiro, que despois nutrirá o programa Aviva de axudas para a mobilización de vivendas baleiras.

O concelleiro Jorge Duarte explicou hoxe a aprobación e contido destas bases para a a creación do rexistro municipal de demandantes de vivenda en alugueiro e que lle permitirá ao concello contar cunha información máis precisa “sobre o número e circunstancias das persoas que demandan unha vivenda en alugueiro en Santiago”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -