O ex edil do Partido Popular Albino Vázquez declarou esta mañá ante a xuíza De Lara polas irregularidades nas contas do PP de Santiago. A comparecencia de Conde Roa quedou aprazada ao vivir este no estranxeiro ao mesmo tempo que se “ofrecia” a vir no verán “cando veña visitar a súa familia”
Máis referenzas deportivas: “Lance Armstrong xogou dopado, era un deportista admirado e logo descubrimos a verdade”
O alcalde de Santiago realizou, durante esta mañá, unha curiosa comparación deportiva coa situación que vive na actualidade o Partido Popular local. Logo da polémica suscitada a pasada semana cando vinculou ao voceiro local do PP cun estrepitoso fichaxe do Real Madrid , Martiño lembrou a situación de Lance Armstrong, recoñecido ciclista norteamericano cuxo palmarés foi retirado por competir dopado. “Debería pasar o mesmo no xogo democrático, habería que retirarlle a lexitimidade ás forzas políticas dopadas”
?♀️?@martinhonoriega volve tirar de humor e realiza outro símil deportivo. O alcalde rexeita que o PP xogue “dopado como Lance Armstrong” pic.twitter.com/HJZfTBvnLB
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de junio de 2017
Máis información: