O Apóstolo 2017 superou as expectativas ao acadar as 100.000 persoas asistentes

Martiño Noriega amosou a súa satisfacción ante a participación das Festas do Apóstolo

As Festas do Apóstolo foron todo un éxito. Esta podería ser a frase que resumiría o balance que realizou hoxe no Pazo de Raxoi o alcalde da cidade, Martiño Noriega, logo de dar a coñecer os datos de asistencia aos numerosos concertos e actividades que tiveron lugar en Santiago entre o 14 e o 31 de xullo.

- Publicidade -

Martiño Noriega: “Eu creo que é un modelo de festas consolidado”

Martiño Noriega salientou a percepción que lle chegou a el persoalmente da valoración de veciños e veciñas en relación coa programación deste ano, mesmo en temas tan simbólicos para a cidade como os fogos artificais.

Resposta ás críticas do PP e do PSOE

O alcalde non evitou responder ás críticas do PSOE e PP en relación á falta de concertos con artistas de masas.

A programación deste ano continuou a liña de anos anteriores de aposta pola cultura local, unha grande descentralización para achegar a festa aos barrios e un maior protagonismo de espectáculos para todas as idades como foi o caso da Romaría cativa.

Galería de imaxes das Festas do #Apostolo2017

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego