O Teatro Principal de Compostela acolleu a presentación das vindeiras Festas da Ascensión, que se celebrarán do 24 ao 28 de maio.
Martiño Noriega: “Unhas festas para a veciñanza e sen trabas”
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sinalou que estas festas poderán ser disfrutadas por toda a cidadanía, xa que tiveron en conta a todos os grupos de idade á hora de programalas.
Concertos de balde
Esta mañá @martinhonoriega presentou unha nova edición das Festas da Ascensión https://t.co/3fYMAEavy5 pic.twitter.com/5q0bVmk3qK
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 maio 2017
Myles Sanko e Eladio y los seres queridos son as principais apostas musicais para o día grande das festas, o xoves 25. O alcalde explicou a gran variedade de novas propostas musicais coas que contaremos nestas festas. Este ano as rúas compostelás acollerán comparsas, concursos, mercados, campionatos, torneos e incluso unha ruta eco-gastro de tapas ecolóxicas.
Martiño Noriega manifestou o interese por parte do Concello de darlles aos grupos composteláns a oportunidade de actuar nas festas da cidade. Por iso, desenvolveuse a gran novidade desta programación: a instalación dun escenario específico na praza do Toural que estará a disposición dos músicos da cidade que forman parte do censo que se puxo en marcha hai uns meses.