Home Programas Área Compostela Apoio unánime no pleno municipal da Coruña ao persoal de Alcoa

Apoio unánime no pleno municipal da Coruña ao persoal de Alcoa

0
Apoio unánime no pleno municipal da Coruña ao persoal de Alcoa

O Pleno Extraordinario no Concello da Coruña aprobou, por unanimade, a declaración institucional en apoio ao cadro de persoal de Alcoa e contra o peche da factoría.

O texto aprobado na mañá de hoxe insta á Xunta da Galicia e ao goberno do Estado a conformar, xunto ao propio Concello, unha “fronte institucional común en defensa do emprego, do mantemento da actividade industrial en Alcoa e da retirada do ERE presentado pola empresa”

Consulta a declaración institucional

“Desde o goberno da Coruña apoiamos sen fisuras a loita do cadro de persoal de Alcoa, e estaremos até o final desta loita”, subliñou na mañá de hoxe o concelleiro de emprego da Coruña, Alberto Lema, ao tempo que demandaba importantes mudanzas no mercado eléctrico do Estado español.

Xulio Ferreiro ao comité de empresa: “Tedes a toda unha cidade detrás”

Ademais, o alcalde lembrou que, en cumprimento do texto aprobado, a Corporación acompañará mañá a mobilización, que sairá da praza da Palloza ás 11.00 horas, e que o rexedor estará presente nos foros que se impulsen “para poder armar a fronte institucional común e reverter a situación”.

O Concello cancela a súa axenda para mañá

O executivo local amosou o apoio da corporación municipal ás medidas de presión dos traballadores e traballadoras, e acompañará a convocatoria deste sábado ás 11.00 horas. Por iso mesmo, o encontro aberto “Dillo ti”, previsto para mañá mesmo, foi cancelado e trasladarase ao sábado 3 de novembro, mantendo o seu horario e localización, no Birloque.