
A folga “de país” en Cataluña recibiu o apoio das catro forzas sindicais galegas aínda que en diferente medida. A CIG e a CUT ainaron un manifesto xunto a outras organizacións sindicais estatais no que sinalan que “o actual modelo territorial está esgotado” e que “agora o pobo organizado na rúa é quen dita o ritmo”.
Apoio sindical galego ás reivindicacións da folga cataláhttps://t.co/qy6fTYCUcf Conversamos con Susana Méndez, da @galizaCIG pic.twitter.com/QVrVka9u3V
— Nós Televisión (@NosTelevision) 3 de octubre de 2017
Hai un acordo social para denunciar unha “brutal expresión” do Goberno contra o pobo catalán segundo CCOO
As confederacións sindicais de CCOO e UGT asinaron unha declaración na que avogan por unha negociación negociada. O secretario Xeral de CCOO en Galicia aseguraba a Nós Televisión que o seu sindicato está comprometido co dereito a decidir e escandalizado porque o goberno español non dá solucionado unha situación que podería agravarse aínda máis nas vindeiras horas
Conversamos hoxe con @RSarmientoCCOO (@CCOOGalicia) sobre o apoio sindical galego á #vaga3O #AturadaDePaís https://t.co/qy6fTYCUcf pic.twitter.com/FsaM5IdrdY
— Nós Televisión (@NosTelevision) 3 de octubre de 2017
.
Cataluña viviu unha xornada de paro con 24 manifestacións, ocupacións de estradas e autoestradas e un índice de seguimento de entre un 50 e un 70% segundo fontes oficiais