Apoio incondicional do PP de Santiago á Policía desprazada en Catalunya

O PP de Santiago levará a Pleno unha moción de apoio á policia pola súa actuación en Catalunya

O proceso independentista catalán chegou ao Parlamento galego da man do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e agora chega ao concello de Santiago da man do voceiro do grupo municipal do PP, Agustín Hernández.

- Publicidade -

As forzas de seguridade do Estado están sometidos a un acoso constante por parte dunha minoría violenta

Os populares informaron en rolda de prensa que presentarán no vindeiro Pleno ordinario unha moción de apoio á policia española e á súa actuación estes días pasados. Hernández considera, sen citalo textualmente, que a situación lémbralle a o Euskadi dos anos 80 e 90.

As Forzas de Seguridade do Estado foron obxecto dun acoso constante por parte dunha minoría violenta

Hernández animou á policia presentar denuncias por delitos de odio, actuacións violentas, acosos, insultos e agresións.

aGUSTÍN HERNÁNDEZ DEFENDE QUE A labor  POLICIAL foi “encomiable”

Máis de 800 feridos

O portavoz dos populares non se disculpou en ningún momento polas cargas policiais que causaron máis de 800 feridos entre a poboación civil nin polos incidentes posteriores que se difundiron a través das redes sociais provocados por axentes de paisano destinados en Catalunya.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego