Esta mañá, a fachada de Praterías da Catedral de Santiago amenceu dun xeito inesperado. Unha das esculturas que compoñen o espazo tiña un grafiti no que se podía ler “Kiss”, en referencia á mítica banda estadounidense, e a súa faciana caracterizada cos trazos dun dos membros da mesma.
As autoridades están xa a investigar as gravacións das cámaras de vixilancia dos arredores para dar coa persoa autora deste acto. Nun acto celebrado en Baiona, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, lamentou o suceso e cualificouno de “barrabasada” e “barbarie patrimonial”.
Ademais, o Concello de Santiago tamén denunciou o acto vandálico sobre dunha estatua “que é de todas e todos” e indicaron que xa están en contacto coa Catedral para tomar as medidas precisas para evitar que algo así poida non volva acontecer.
A Kiss non lle gustaría nada. Deste xeito amenceu hoxe unha estatua do século XII da Catedral de Santiago pic.twitter.com/ibkrhor6pA
— Nós Televisión (@NosTelevision) August 6, 2018