Home Programas Área Compostela Aparece a documentación que proba que as esculturas do Mestre Mateo en poder dos Franco son do Concello de Santiago

Aparece a documentación que proba que as esculturas do Mestre Mateo en poder dos Franco son do Concello de Santiago

2

Logo dunha intensa búsqueda apareceu a proba documental definitiva de que as obras que representan Abraham e Isaac do escultor Mestre Mateo pertencen ao consistorio compostelán.

Anunciouno hoxe en rolda de prensa o propio alcalde, Martiño Noriega, que achegou unha copia da acta notarial de compravenda realizada no ano 1948.

Demóstrase que as pezas eran propiedade do Concello e non existía acordo de cesión

Na acta notarial especifícase ben claro cales son os termos da compra e a idea de que as obras queden na capital galega para sempre.

Un anaco da acta notarial presentada hoxe polo Concello de Santiago (Ano 1948)

“Las estaturas permanecerán indefinidamente en el patrimonio del excelentísimo Ayuntamiento de Santiago de Compostela […] si por cualquier circunstancia, dichas estatuas salieran del patrimonio municipal, la Coorporación Municipal deberá indemnizar con la cantidad de 400.000 pesetas al particular”

Martiño Noriega anunciou que o concello tratará o tema en Pleno e actuará por vía xudicial contra a familia Franco para que as obras do Mestre Mateo, na actualidade nunha exposición no Pazo de Xelmirez, volvan a estar en mans da cidadanía.

Ofensiva para recuperar o Pazo de Meirás e as esculturas espoliadas polos Franco