SOS Sanidade Pública agarda que a comisión parlamentaria deite luz sobre a situación actual do noso sistema sanitario
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 25, 2018
🗣️@jdiodiz "Non precisamos que nos defenda o señor Feijóo, queremos que nos devolvan o roubado" pic.twitter.com/x6FZxIRuWP
As palabras do presidente da Xunta sobre a comisión sobre a sanidade pública galega que pediu a oposición parlamentaria está a molestar ao ámbito profesional deste sector. Para o medico e membro da Plataforma SOS Sanidade Pública, Xosé María Dios Diz cre que o goberno galego e o PP non tivo máis opción que aceptar esta comisión e agardan moito dela.
A Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública contestou ás palabras de Feijóo cun comunicado na súa web na que aseguran que son “un exercicio de cinismo político e unha burla ao colectivo que o Presidente da Xunta se erixa defensor dos profesionais sanitarios dado que a súa política sanitaria desde que chego a poder estivo dirixida a reducir o gasto sanitario e favorecer ao sector privado recortando os dereitos dos mesmos”.
É “Unha burla ao colectivo que o Presidente da Xunta se erixa defensor dos profesionais sanitarios”
O único que precisamos é que nos devolvan o roubado
Sinalan tamén que “entre a medidas adoptadas polo seu Goberno neste sentido cabria destacar os recortes de persoal obrigando aos profesionais a xubilarse contra a súa vontade aos 65 anos (sen repoñer as vacantes producidas); reducións salariais do 15-20%; a supresión de días de vacacións ; recortes nas prestacións económicas por enfermidade; precariedade laboral con mais da metade das plantillas en situación de provisionalidade; contratos lixo por horas ou días; ausencia de substitucións por vacacións ou enfermidade con repercuten en consultas masificadas en atención primaria”.
A Plataforma galega SOS Sanidade Pública ten previsto realizar unha asemblea o vindeiro 27 de setembro para avaliar polo miúdo a resposta que desde este colectivo queren facer ao goberno galego e non descartan novas mobilizacións.