A actualidade municipal de hoxe volveu estar focalizada na polémica relacionada co CSOA Escárnio e Maldizer. Coñecida xa a información relativa ao expediente aberto polo Concello de Santiago á constuctora que realizou o tapiado irregular do emblemático edificio, o alcalde de Santiago deu conta diante dos medios de comunicación das últimas novidades relacionadas coa polémica.
Martiño Noriega: “Esiximos un trato digno á capital do País”
Especialmente contundente se amosou Martiño Noriega á hora de criticar ao Partido Popular polas posicións “irresponsables” mantidas nos últimos dous días. “Agustín Hernández está unicamente ao servizo dos intereses do Partido Popular” sentenzou esta mañá o alcalde da cidade.
.@martinhonoriega: “Ao PP véselle encantado co intento de criminalizar as institucións e a cidadanía”
Máis info ??https://t.co/QMN4kRGa4k pic.twitter.com/8I33sB3TAl
— Nós Televisión (@NosTelevision) 1 de junio de 2017
“Para valorar posicións tibias… a de Feijóo coa corrupción do seu partido”
O alcalde de Santiago tamén quixo responder ás duras críticas realizadas onte polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
“Para valorar posicións tibias… a de Feijóo coa corrupción do seu partido” Resposta de Martiño Noriega ás críticas do Presidente da Xunta pic.twitter.com/sr4a9OzGtl
— Nós Televisión (@NosTelevision) 1 de junio de 2017