A deputada de En Marea Ánxeles Cuña convocou hoxe no Parlamento galego aos medios de comunicación para presentar as súas contas coa formación e desmentir, deste xeito, as acusacións de Luís Villares de que algúns e algunhas representantes non cumplían coa carta financeira.
Isto é algo ofensivo cara a miña persoa
A deputada compareceu diante dos medios de comunicación e amosou datos das súas doazóns á formación e a varias ONGs. Así, explicou que en 2016 contribuíu a En Marea con 1.810 euros, en 2017 con 5.040 euros e que no 2018 adiou a súa achega por non contar con datos que explicaran cal era o seu destino. Ademais Cuña sinalou que colaboraba con varias organizacións sen ánimo de lucro.
“Son acusacións falsas”. A deputada tamén defendeu a honorabilidade dos sete deputados e deputadas acusados de non pagar á formación. Cuña asegura que este tipo de cuestións deberían quedar no ámbito interno.