Home Programas Espazo Aberto Ánxeles Cuña, a deputada que se negou a saír na foto

Ánxeles Cuña, a deputada que se negou a saír na foto

1
Ánxeles Cuña, a deputada que se negou a saír na foto

Naceu en Pontevedra no 1957 e é a neta de Alexandre Bóveda. Malia ser dramaturga e adicarse profesinalmente ao sector teatral, durante este lexislatura é deputada de En Marea no Parlamento Galego. Ánxeles, presente no acto de desembalaxe de ‘A derradeira leición do mestre’, tiña o rostro desencaixado e o seu enfado ante a manipulación da historia por parte do Presidente Feijóo era evidente. Tanto é así que, minutos despois, abandonou os focos. A deputada por Ourense negouse a saír na foto con quen practicou semellante revisionismo da obra de Castelao e, sen dúbida, non era para menos.

Para este paripé, era mellor non traer o cadro

Eu non puiden aturar

“Polo que representa, podía ser un día especial pero foi un día duro”, afirmou a propia Ánxeles ante as cámaras de Nós Televisión. Que Feijóo decidira obviar no seu discurso (escrito e preparado previamente, todo hai que dicilo) o asasinato de Bóveda; protagonista d’A Derradeira Leición do Mestre, sentou especialmente mal nesta deputada. Asasinaron a Bóveda por segunda vez. “As feridas están sangrando” resaltou Cuña e para ela o que fixo o Presidente da Xunta ten unha palabra clara: “ignominia” e, para iso, “mellor non traer o cadro”

O cadro

Os mestres e mestras merecen todas as homenaxes pero o que simboliza o cadro non é iso

O cadro simboliza moito máis do que dixo Feijóo. “O cadro ten cara, e é Bóveda e simboliza moito máis, […] simboliza a toda a xente asasinada no noso País” resaltou Cuña ante as nosas cámaras. Castelao non foi para a Arxentina por vontade propia nin por ter un interese especial para viaxar. Tampouco pintou un cadro cun mestre que se facía pasar por morto. Ao patriarca esperáballe o mesmo futuro que a Bóveda.

Bóveda non foi nin nomeado

“Nós non temos anmesia”. Recibir a Derradeira leición do mestre sen mencionar a represión fascista, os asasinatos franquistas é ocultar que esta obra de Castelao da que o propio Beramendi é ben coñecedor.

As evidentes piruetas negacionistas de Feijóo para evitar termos como “represión”, “asasinato” ou “franquismo” no acto de onte provocaron unha inmediata e masiva reacción nas redes sociais e que, malia o silenzo mediático, serviron para denunciar a terxiversación da nosa historia e das figuras como Castelao e Bóveda.