Home Espazo Aberto Lingua Antonio Fraguas Fraguas. Primeiros estudos etnográficos (1930-1932)

Antonio Fraguas Fraguas. Primeiros estudos etnográficos (1930-1932)

0
Antonio Fraguas Fraguas. Primeiros estudos etnográficos (1930-1932)

O Consello da Cultura Galega rende homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas. Faino cunha edición facsimilar de catro textos da súa primeira etapa que vai de 1930 a 1932, nos tempos da súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos. Trátase de ‘O entroido nas Terras do Sul de Cotobade’, ‘O culto ós mortos’, ‘Do folk-lore de Armeses-Listanco’ e ‘As lendas da Fonte Pormás’. Examinamos ben de preto o libro. 

A obra conta cun limiar de Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e un estudo biográfico e científico a cargo do antropólogo Clodio González Pérez con quen xa falaramos o día no que o Consello da Cultura Galega presentaba o libro. Deixámosvos un anaco da nosa conversa con el.