Home Espazo Aberto Medio ambiente Antón Sánchez volve esixir no Parlamento o “carpetazo final” ao proxecto da mina de Touro – O Pino

Antón Sánchez volve esixir no Parlamento o “carpetazo final” ao proxecto da mina de Touro – O Pino

0
Antón Sánchez volve esixir no Parlamento o “carpetazo final” ao proxecto da mina de Touro – O Pino

O vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, volveu esixir no Parlamento galego que a Xunta de Galicia poña fin ao proxecto da mina de Touro-O Pino logo de que a empresa Cobres San Rafael non corrixese ningún dos impedimentos ambientais ou dos riscos detectados por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Sánchez insistiu en que o proxecto “non reúne a calidade suficiente e non é viable ambientalmente, como se decretou dúas veces. Están todas as cartas enriba da mesa”. Ao mesmo tempo, botoulle en cara ao executivo de Alberto Núñez Feijóo que, tres anos despois da presentación do proxecto, o Goberno galego continúe “dándolle oportunidades a unha empresa que presentou un proxecto inviable ambientalmente, aberrante e perigoso para as persoas, como lles din algúns dos departamentos da propia Xunta”.