O portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, reúnese hoxe ás 13.00 horas co Defensor del Pueblo, Francisco Fernández Marugán, o director do Gabinete e o Responsable de Medio Ambiente, para abordar o informe emitido por esta institución sobre a mina de Touro. Nese documento, o Defensor del Pueblo chegara cuestionara a xestión da Xunta con respecto a este megaproxecto mineiro. Ademais, tamén abordarán a falla de control á actividade extractiva mineira en Galicia, con respecto a outras minas e proxectos.
Inicio Medio ambiente
Antón Sánchez abordará co Defensor del Pueblo o informe sobre a mina de Touro
O Defensor del Pueblo emitira un informe no que vía graves problemas á hora de reabrir a mina