Tras os resultados electorais do 26 de maio e a fragmentación definitiva de En Marea, Anova meteuse de cheo nun proceso de debate político que culminará na súa IV Asemblea Nacional que se celebrará en outubro. Entramos no Parlamento para falar co seu voceiro nacional, Antón Sánchez, sobre En Marea, “que acaba de sufrir o seu punto final”, o papel que xoga a soberanía nacional no proxecto político, a súa resposta ante o convite que Galicia En Común lanzou reiteradamente a Anova xunto unha reflexión sobre que proxecto político considera que precisa Galiza.