Na mañá de hoxe o voceiro de Anova e deputado no Parlamento Galego volveu a evidenciar a crise que se vive no seo do grupo de En Marea no Parlamento Galego e fixo un chamamento á dirección de Luís Villares para sumarse a “mesa de confluencia” proposta por Compostela Aberta e que veu a luz recentemente.
A vía do diálogo sempre é positiva e a dirección de En Marea debería sumarse
Porén, a Coordinadora de En Marea asegura manter un diálogo “cordial e construtivo” coa candidatura que lidera Noriega, e asegura que o seu obxectivo é evitar que a renovación da dirección coincida coas eleccións municipais ao tempo que non ve “útil” a chamada “mesa para a confluencia” proposta desde Compostela.