Home Programas Espazo Aberto Antón Sánchez evita avivar o conflito ante a prensa e pide “vontade de diálogo”

Antón Sánchez evita avivar o conflito ante a prensa e pide “vontade de diálogo”

0
Antón Sánchez evita avivar o conflito ante a prensa e pide “vontade de diálogo”

O vicevoceiro de En Marea e portavoz de Anova, Antón Sánchez, desmárcase da lea que nos últimos días afecta seriamente ao grupo parlamentario tras os malos resultados do 26M. “Non me vou a pronunciar porque para afrontar o futuro despois das elecccións é moi necesario o diálogo, a vontade de acordo e a humildade. Senón, estamos a darlle armas ao inimigo“, dixo con claridade. E, certamente, aplicouse o conto. Evitou responder ás preguntas que se lle formulaban dende os medios de comunicación como, por exemplo, as diferenzas dentro do grupo á hora de nomear unha senadora ou senador, que lle corresponde por designación autonómica.

Sobre o grupo político de Martiño Noriega, o voceiro de Anova di que ve “con bos ollos as decisións con responsabilidade”. Asegura que Noriega “sempre toma decisións tras reflexións colectivas” e que “hai que respectar os tempos de decisión”. Na mesma rolda de prensa que ofreceu Antón Sánchez no Parlamento tamén tratou o tema da Mina de Touro e explicou o rexistro dunha iniciativa para reclamar un Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia, logo dun informe do Defensor do Pueblo no que considera “deficiente” a actuación de avaliación realizada pola Xunta.  “A Xunta traballa para o interese económico das empresas e non para o benestar público”, di o voceiro de Anova.