Home Programas Espazo Aberto Antón Sánchez: “Empresas como Alcoa están moi cómodas co sistema actual de subvencións”

Antón Sánchez: “Empresas como Alcoa están moi cómodas co sistema actual de subvencións”

0
Antón Sánchez: “Empresas como Alcoa están moi cómodas co sistema actual de subvencións”

Conversamos na mañá de hoxe co deputado no Parlamento Galego, Antón Sánchez, sobre as propostas de En Marea para responder ante o anuncio de peche da fábrica de Alcoa na Coruña e sobre a necesaria regulación do sistema eléctrico no Estado español.

O deputado, pertencente a Anova, esixíu diante das cámaras de Nós Televisión unha profunda reforma do sistema eléctrico para que a cidadanía deixe de subvencionar o prezo da electricidade para empresas como Alcoa. Trátanse de empresas que, en palabras de Antón Sánchez, están “moi cómodas” nun mercado, o estatal, que conta conta cun dos maiores prezos da electricidade da Unión Europea.

“Unha chantaxe permanente”

A multinacional, que obtivo inmensas cantidades de diñeiro de axudas públicas, agora responde con despedimentos colectivos no lugar de realizar inversións nas fábricas afectadas. Trátase, en palabras do deputado de En Marea, dun “duro golpe” para a cidade da Coruña. En todo caso, o tamén líder de Anova sinala que agora é un bo momento para “responder” contra a “chantaxe permanente” que empresas como Alcoa adoitan realizar sobre os gobernos galegos e centrais: “É a historia dun saqueo público, con axudas millonarias de xeito directo ou indirecto”

Axudas que, durante os últimos dez anos, ascenderían a máis de 1.000 millóns de euros. En todo caso, as chantaxes da empresaforon habituais durante os últimos anos: a cada anuncio ou ameaza de Alcoa con despedimentos foi respondido con inminentes subastas de enerxía por parte do Goberno central e que acababan satisfacendo os intereses da empresa.