O vicevoceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, critica á Xunta de Galicia por non ter un plan de futuro para a comarca das Pontes ante a crise das industrias fósiles. Considera que a responsabilidade do Goberno galego era a elaboración dun plan de futuro e de transicción ecolóxica para os lugares que tiveran este tipo de industria como motor económico activo.

- Publicidade -

Pero as palabras de Antón Sánchez quedan lonxe de asentar nun discurso de autocrítica por parte do Goberno galego. O voceiro do grupo parlamentario do PP mesmo se refería así á ministra de Transición Ecolóxica en funcións: “A Xunta está sendo tan leal que mesmo lle está axudando a facer o seu traballo”. Nos últimos días, Teresa Ribera acusou a Endesa de trucar as súas contas para dar unha falsa impresión de viabilidade na central térmica que ten nas Pontes.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego