Home Programas Espazo Aberto Antón Sánchez: “A Anova tocáballe renovación”

Antón Sánchez: “A Anova tocáballe renovación”

0
Antón Sánchez: “A Anova tocáballe renovación”

A III Asemblea de Anova celebrada este pasado sábado en Pontevedra rematou coa agardada elección, logo de que non houbera outra candidatura, dunha nova dirección encabezada por Antón Sánchez. Escollido polo 82,3% dos participantes o propio Sánchez valorou que a Asemblea optara por unha renovación que “xa lle tocaba”.

[vc_text_separator title=”Conversamos con Antón Sánchez”]

As diferenzas no seo de Anova son “normais” en palabras do dirixente nacionalista

[vc_video link=”https://youtu.be/tr6hZjgDoes”]
[vc_text_separator title=”O derradeiro discurso de Beiras como voceiro de Anova”]
Na Asemblea deste pasado sábado de Anova, Xosé Manuel Beiras deu o seu último discurso como portavoz desta organización nacionalista

Esta Asemblea tamén foi a do adeus na primeira liña da portavocia de Xosé Manuel Beiras. Para Antón Sánchez, o histórico lider nacionalista gañouse todos estes anos xogar o papel que desexe xogar en Anova.

O discurso co que pechou a Asemblea Xosé Manuel Beiras tamén foi significativo, nel o lider de Anova asegurou que a formación ten que marcar os seus propios tempos e analizou o novo panorama político a nivel estatal.

O máis destacado do discurso de Beiras

A nova coordinadora de Anova reunirase o vindeiro 1 de abril para escoller portavocía que con total probabilidade recaerá no propio Antón Sanchez.