Home Programas Espazo Aberto Antón Sánchez: “A Xunta non vela polos intereses do país, senón das empresas mineiras”

Antón Sánchez: “A Xunta non vela polos intereses do país, senón das empresas mineiras”

0
Antón Sánchez: “A Xunta non vela polos intereses do país, senón das empresas mineiras”

“O presidente Feijóo ampara a actividade ilegal de determinadas empresas”. Así de claro se expresou o vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, acerca da xestión da Xunta nos diferentes proxectos de explotación nos que “beneficia a estas compañías” e “persegue” ás e os activistas que loitan por “garantir unha boa calidade de vida á veciñanza”. A formación de esquerdas pedirá a comparecencia no Hemiciclo da actual conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para aclarar as “cuestións non resoltas”.

Só a presión social pode deter estes proxectos mineiros

O deputado fixo mención tamén ao proxecto mineiro que máis cuestionado está a ser durante estes días, o de Touro-O Pino. Sánchez lamentou a “opacidade” da Xunta no tocante a este asunto, ao tempo que lembrou que “só a presión social” pode deter plans coma este ou o de Corcoesto, xa paralizado.

Polémica coa empresa encargada do proxecto de Corcoesto

Así e todo, Sánchez lembrou que a empresa encargada do proxecto de Corcoesto, a canadiense Edgewater, denunciou o pasado mes que un alto cargo da Xunta lle solicitara unha “mordida” económica para Feijóo, Agustín Hernández —daquela conselleiro de Medio Ambiente— e Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, un asunto que aínda non foi aclarado malia a denuncia por calumnias presentada pola Administración galega.