Faltan poucos días para que se saiba o nome da persoa que levará a dirección de Podemos Galicia. Hoxe falamos con Antón Gómez-Reino, que foi o primeiro en dar a coñecer a súa candidatura e escolleu como lugar da entrevista a AP-9, un dos temas que marcou a información os últimos meses e que aínda está por resolver.
Un dos problemas que máis preocupan a galegas e galegas, sobre todo á mocidade, é o emprego e a posibilidade de non estar na listaxe de persoas que ten que deixar o país para poder levar unha vida digna.
Outro das inquedanzas sociais atinxe á media de idade da nosa poboación e o eterno debate do futuro das pensións. Neste tema Gómez-Reino defendeu as iniciativas en Madrid en relación ao apoio aos orzamentos de Pedro Sánchez logo de que tiveran en conta algunhas das achegas que se lle fixeron
Alcoa
No debate entre ambas candidaturas a dirixir Podemos Galicia sempre estiveron presentes os sectores produtivos. Mais como debería ser a relación coas empresas que traballan no noso país? Sobre este tema xurdiu estes días un anuncio que marcou e marcará a actualidade en Galiza: a intención de Alcoa de pechar a súa factoría na Coruña. Gómez-Reino considera que “ten que haber un 155 para as empresas que atacan aos nosos sectores produtivos” e destrúen emprego.
Antón Gómez-Reino remata a entrevista afirmando que a mellor maneira de resumir o obxectivo da súa candidatura é asegurar que está “comprometido co país, co futuro e coa unidade”.