O secretario xeral de En Común Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, amosou hoxe nunha rolda de prensa a súa vontade de que Martiño Noriega permaneza no ámbito municipal: “Noriega ten que ser a cabeza da oposición en Compostela”, di Gómez-Reino.
Ademais, nesa mesma rolda o secretario xeral de En Común Unidas Podemos tamén falou da situación política a nivel nacional, en concreto da súa preocupación pola construción dun novo goberno. Gómez-Reino asegura que Pedro Sánchez non tivo aínda ningún tipo de proposta cara Podemos e de non facelo, Gómez-Reino di que o seu grupo político se opoñerá á investidura.
O secretario xeral de En Común Unidas Podemos ve importante a construción dun goberno plural e considera que Galicia ten que estar presente nas decisións do goberno español, para tratar de solventar problemas coma o de Alcoa.