“Este domingo ten que haber un voto de reafirmación democrática”, sostén Antón Gómez-Reino en plena conta atrás para a fin da campaña destes comicios estatais. Despois dunha carreira electoral marcada pola sentenza do Tribunal Supremo contra o independentismo catalán e a exhumación do dictador Francisco Franco, o cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos por A Coruña e secretario xeral de Podemos Galicia senta ante as cámaras de Nós Televisión.

- Publicidade -

Antón Gómez-Reino chega ao sprint final dos comicios coa seguridade de que non nos veremos envoltas nunhas terceiras eleccións e advirte do balón que lle toca mover a Pedro Sánchez. “O PSOE debe decidir se asume o que di o IBEX 35, Felipe González e Mariano Rajoy” ou ben se é “un goberno progresista”.

Sen afastar a mirada de Madrid, Gómez-Reino considera que o resultado destes comicios poden ser unha mensaxe de cara as eleccións que se celebrarán en Galicia este 2020. “A mellor mensaxe que lle podemos dar ás galegas de cara as eleccións autonómicas é que o PSOE e En Común Unidas Podemos somos capaces de facer un goberno de esquerdas no Estado, esa é a mellor mensaxe que podemos dar e o PSdeG tamén debe telo claro”.

 

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego