Home Programas Área Compostela Haberá melloras no anteproxecto da nova depuradora

Haberá melloras no anteproxecto da nova depuradora

0
Haberá melloras no anteproxecto da nova depuradora

O Concello, a Xunta e AcuaEs acordaron hoxe revisar o anteproxecto da nova Estación Depuradora de Augas Residuais da cidade. Na reunión participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o concelleiro de mediambiente, Xan Duro; a directora de AcuaEs, Aránzazu Vallejo; o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, así como outros técnicos representantes das tres administracións implicadas na actuación. O concelleiro de medioambiente amosou os seus agradecementos ante as diversas colaboracións.

Xan Duro agradeceu a “sensibilidade e a vontade de colaboración ante as inquedanzas mostradas polo Concello” 

A directora de AcuaEs, Aránzazu Vallejo, explicou que, neste intre, estase nunha fase inicial que permite introducir melloras no anteproxecto da depuradora. É por isto que os prazos non se poden afrontar con vistas ao futuro próximo.

A actual depuradora de Santiago é antiga e está obsoleta

Pendentes do custo total

Roberto Rodríguez incidiu en que hai que agardar a ter o proxecto definitivo da EDAR para saber cal é o custo da infraestrutura, e para concretar o reparto entre a Xunta e o Concello de Santiago. Aránzazu Vallejo lembrou que a nova estación depuradora de augas residuais de Santiago requirirá un investimento moi elevado que, pendente de que quede definido o proxecto, rondará os 60 millóns de euros.