Home Programas Área Compostela Ante as denuncias por explotación laboral, ‘Proxecto Home’ responde con máis despedimentos e peche de centros

Ante as denuncias por explotación laboral, ‘Proxecto Home’ responde con máis despedimentos e peche de centros

0
Ante as denuncias por explotación laboral, ‘Proxecto Home’ responde con máis despedimentos e peche de centros

Traballadores de Proxecto home continúan a denunciar a pésima situación laboral que sofren e a mala regulación do proxecto. Desta vez, amosan a súa preocupación polo peche do centro terapéutico de Cernadas, e a repercusión social que poida ter nun momento no que, como explican, a adicción a drogas como a heroína non fai máis que aumentar.

Opoñémonos frontalmente a estas medidas e á indefensión na que deixan ás persoas que precisan tratamento residencial para a deshabituación das adiccións

Unidos na plataforma #As17deProxectoHome, queren visibilizar a explotación e persecución laboral que sofren e como isto afecta á calidade do servizo que outorgan. Como explican, “e dificil protestar nunha entidade na que se dis algo vas á rúa”, e pídenlle contas directamente á Dirección-Xerencia da Fundación.

‘Proxecto Home’ continúa cos peches e despidos

O traballo social coas persoas drogodependentes ou con problemas de alcoholísmo e outras dependencias que realiza a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia ten detrás algúns puntos escuros que sairon a luz estes días logo da denuncia de CCOO de explotación laboral por parte dos seus traballadores e traballadoras. Poucas semanas despois da denuncia pública impulsada polo sindicato, a Inspección de Traballo ratificou as graves irregularidades laborais en Proxecto Home e confirmaba, especificamente, que a empresa non estaba a cumprir o convenio colectivo vixente.

Haberá mobilizacións

O vindeiro 3 de decembro está convocada ás 12 unha mobilización diante da sede central de Proxecto Home, na Rúa do Cottolengo, para reclamar esta clase de situación que deixan a profesionais sen traballo e a usuarios na rúa.