Home Programas Área Compostela Nais e pais piden máis espazo no CEIP Apóstolo Santiago

Nais e pais piden máis espazo no CEIP Apóstolo Santiago

0
Nais e pais piden máis espazo no CEIP Apóstolo Santiago

O CEIP Apóstolo Santiago, na Almáciga, precisa máis espazo. Reivindicouno hoxe a ANPA deste centro diante dos medios de comunicación.

Este colexio veu diminuida de xeito considerable a súa matrícula cara a finais da década dos 90 e a partir de 2001 Concello e Consellería de Educación desafectaron parte do seu edificio para outras actividades. Agora o número de alumnado incrementouse e seguen co espazo reducido.

A ANPA sinala que seguen á espera do compromiso adquirido con eles por parte de Compostela Aberta en campaña electoral. Os problemas de espazo trasládanse tamén ás aulas que están preparadas para dez alumnos e superan na actualidade os 20.

Manuel Dios respondeu esta mesma mañá

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, respondeu en rolda prensa en relación a este tema que hoxe mesmo teñen previsto reunirse coa ANPA e barallan mesmo a posibilidade de trasladar a Escola Municipal de Música.

A ANPA do CEIP Apóstolo Santigo, na mesma comparecencia diante os medios, manifestou a súa satisfacción pola creación de novos espazos para a mocidade na contorna, en relación á inauguración do Centro Xove a carón da escola.