A formación nacionalista Anova condena a sentenza contra os coñecidos como ‘Oito de Altsasu’, aos que tras unha liorta nun bar con dous gardas civís en Navarra lles vincularon delitos de atentado a axentes da autoridade, lesións, desordes públicas e ameazas. Nas últimas horas, o Tribunal Supremo daba o visto bo á sentenza emitida pola Audiencia Nacional engadindo unha pequena rebaixa aos anos de prisión aos que foron condenados. Deste xeito, as penas oscilan entre o un ano e medio e os oito anos e medio de prisión.

Este aval do Alto Tribunal causou indignación social e política entre os colectivos da esquerda e de defensa dos dereitos humanos. Dende Galicia, a primeira en manifestar publicamente a súa condena á sentenza foi Anova que ve neste dictame a demostración de que vivimos nun “retroceso constante nos dereitos e liberdades civís”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -