Home Programas Espazo Aberto Anova abre un proceso asembleario para definir o rumbo dos próximos dous anos

Anova abre un proceso asembleario para definir o rumbo dos próximos dous anos

0
Anova abre un proceso asembleario para definir o rumbo dos próximos dous anos

Anova decide iniciar un proceso de convocatoria de asembleas comarcais e locais por toda Galiza que culminarán finalmente en outono na celebración da IV Asemblea Nacional de Anova. En liña co acordado na última Coordinadora nacional da organización, realizada o pasado 1 de xuño, “ponse en marcha a maquinaria de preparación da IV Asemblea Nacional que precisa previamente de multitude de asembleas locais e comarcais como pasos necesarios que desemboquen nunha sesión plenaria que será no outono”, comunican.

O principal cometido de Anova é “abrir a organización ao debate, á reflexión e ao diálogo construtivo, con ideas e propostas de futuro e contando coas achegas desde abaixo, partindo da participación activa da militancia como mellor fórmula de construír a dirección futura a acometer”. Para iso considera “fundamental escoitar, atender e ter presente a voz da militancia se pretendemos cimentar o edificio que empezamos a construír hai una anos”.