O sector crítico impuxo as súas teses no Plenario de En Marea. O encontro tivo lugar o pasado sábado na Facultade de Económicas da USC e nel a denominada Lista Confluencia gañou con 2.547 votos, fronte á Lista entre todas, 1.792 votos, e un candidato independente, 11.
Houbo unha parte que se negou a aceptar o marco de consenso da ‘Mesa de Confluencia’
A lista dos críticos coa dirección de En Marea alzouse, daquela, conseguiu 10 dos 13 postos que integran o Comité Electoral para as primarias que se celebrarán no mes de decembro.
Un golpe de Estado?
Equiparar o resultado da votación a un golpismo non nos parece serio
Pepe Arias, membro da Coordinadora Nacional de Anova, sinala a Nós Televisión que o acontecido esta pasada fin de semana non é máis que un xogo democrático que avala unha situación froito de “feitos preocupantes”, en relación ao acontecido en Ferrol, que agora teñen que reconducirse “repectando” a vontade da maioría.
Arias explica o Plenario dentro da “lóxica de confrontación democrática” na que “unha parte se negou a aceptar o acordo de consenso”. En todo caso rexeita as palabras de Villares nun xornal da Coruña na que califica o acontecido como un “golpe de estado”.
Agora serán as primarias que decidirán, entre o 1 e o 3 de decembro, a nova composición da dirección do partido instrumental.