Home Programas Espazo Aberto Anova basea o seu Día da Patria na “primavera municipalista” e a “unidade popular”

Anova basea o seu Día da Patria na “primavera municipalista” e a “unidade popular”

0
Anova basea o seu Día da Patria na “primavera municipalista” e a “unidade popular”

Anova súmase á ondada de celebracións do Día da Patria. A formación nacionalista presenta unha campaña baseada no municipalismo e a forza da “unidade popular”. O día 24 terá lugar, na Facultade de Filosofía de Compostela, un acto político no que intervirán Antón Sánchez, voceiro nacional de Anova; Dolors Sabater, exalcaldesa de Badalona; María del Río, de EH Bildu, e Eva Lema, xornalista.

Romaría e xantar popular

O día 25 haberá unha romaría e xantar popular no parque de Galeras, ás 13.00 horas, así como un novo acto político no que participarán o propio Antón Sánchez, Xosé Manuel Beiras, Branca Novoneyra e Oriana Méndez. Anova convida este ano a facer “República dende os concellos”.

Así e todo, Sánchez defendeu que Anova celebre os seus propios actos polo Día da Patria alén do calendario oficial de En Marea, unha decisión que tomou tamén Esquerda Unida. O voceiro nacional da formación lembra que, dende os inicios do partido instrumental, as forzas que o compoñen actuaron con independencia en situacións coma esta.