Anova aposta por reforzar a unidade popular e “relanzar” En Marea

A crítica situación que se vive no seo de En Marea centrou boa parte dos discursos de ANOVA neste 25 de Xullo

Varios centos de persoas participaron no acto central de ANOVA neste 25 de Xullo e que tivo lugar, como xa é tradicional, no compostelán parque de Galeras. Alí, pasadas as 13:30h de hoxe, a organización liderada por Antón Sánchez comezaron as intervencións políticas profundamente marcadas pola crise aberta no seo de En Marea.

Coñecido xa o apoio de Anova á proposta de Compostela Aberta para “relanzar” En Marea a un ano das eleccións municipais e, por iso mesmo, boa parte das intervencións desta mañá de Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez e Branca Novoneyra; entre outras persoas, puxeron o foco neste conflito aberto coa dirección de Luís Villares.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ademais, o propio Beiras insistou na necesidade de repetir o modelo das candidaturas municipalistas do 2015 e esixiu ao resto de partidos políticos, en especial a Esquerda Unida e a Podemos, a sumar en favor do proxecto común.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -