Anova aposta por manter a candidatura nas eleccións de En Marea e converter o proceso nun “revogatorio contra a Coordinadora de Luís Villares”

Duras críticas de ANOVA contra a dirección de Luís Villares e, malia isto, rexeitan a posibilidade de retirar a candidatura "Entre todas"

A posibilidade de que a candidatura Entre Todas retire a súa candidatura perante as votacións que se realizarán nos vindeiros días no seo de En Marea non convence especialmente á Coordinadora de Anova. O organismo da formación nacionalista reuniuse de urxencia na xornada de onte para analizar a crítica situación que se vive no seo de En Marea ante os “danos irreparables” que causou a actual Coordinadora en funcións.

Onte na Coordinadora Nacional de Anova debatemos sobre a situación que vive neste momento En Marea, onde a actuación irresponsable da actual Coordinadora en funcións causou danos irreparables ao noso espazo político.

Denuncian desde Anova a “chantaxe” e o “estado de excepción” á que someteu a dirección de En Marea e, malia isto, entenden que se debe manter a candidatura neste proceso interno para “convertelo nun revogatorio contra a Coordinadora de Luís Villares”

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego