Seguindo a polémica da “caza de bruxas” iniciada polo PP as últimas semanas, con acusacións aos membros de Compostela Aberta de dar tratos de favor a familiares e amigos, Anova amosa a súa solidariedade co partido. Trátase dunha “campaña dun desesperado Partido Popular que sabe que vai perder outra vez en Compostela” , comenta o Voceiro Nacional, Antón Sanchez, e que “non pretende máis que ensuciar o terreo de xogo“, engadiu.
Ademáis, a formación súmase ás denuncias das tácticas mafiosas do PP que “están a perxudicar a moita xente”, e deixan clara a súa posición ante a poboación de “solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Compostela Aberta”.