Vítimas e familiares mobilizáronse, tres anos despois, para reclamar xustiza pola traxedia do Alvia en Angrois. Novamente, a Praza do Obradoiro acolleu as reclamacións que, malia o paso dos anos, non mudaron: investigación técnica e depuración de responsabilidades políticas. Os ex ministros de Fomento José Blanco (PSOE) e, especialmente, Ana Pastor (PP) volveron a centrar a indignación das persoas que se mobilizaron o pasado sábado en Santiago de Compostela.