
O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Tahoces, desvinculou este luns a emisión dunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa por parte da Xunta ao proxecto de explotación da mina de Touro á loita exercida durante 288 días polas veciñas dos concellos de Touro e O Pino. Tahoces, que comparecía en rolda de prensa para explicar a nova convocatoria de axudas para aforro e eficiencia enerxética, fixo fincapé en que a DIA negativa non implica a paralización do proxecto de Atalaya Mining.
Tahoces atópase nun procedemento xudicial vinculado á repartura da mina de San Finx, en Lousame, no que lle vinculan un presunto delito de prevaricación ambiental. A querela presentada pola Fiscalía de Medio Ambiente investiga posibles irregularidades nas autorizacións para a explotación da mina e a realización de verteduras. En concreto, as presuntas irregularidades centraríanse na concesión de permisos e autorizacións sen contar cos necesarios controis ambientais. Preguntado por este caso, e a relación coa DIA negativa outorgada pola Xunta no referido ao proxecto da mina de Touro, respondeu: