Home Programas Área Compostela Anatomía dunha serea: o relato íntimo de Iria Pinheiro sobre a violencia contra a muller durante o parto

Anatomía dunha serea: o relato íntimo de Iria Pinheiro sobre a violencia contra a muller durante o parto

0
Anatomía dunha serea: o relato íntimo de Iria Pinheiro sobre a violencia contra a muller durante o parto

A comezos de maio de 2016, Iria Pinheiro entrou no Hospital. Era o parto do seu primeiro fillo. Sobre a súa experiencia, xorde agora Anatomía dunha serea; a súa nova peza de teatro documental. O seu é o testemuño dunha muller que non renuncia a ser muller para ser nai e que, como tantas outras, foi agredida física e psicoloxicamente durante o seu paso polo hospital.

O Auditorio Constante Liste (A Ramallosa, Teo) acollerá mañá xoves, 18 de outubro, a estrea deste novo traballo da Berberecheira, o criadeiro escénico promovido por Chévere.  A obtra teatral tamén se poderá ver en Teo os días 19, 25 e 26 de outubr así como tamén en Moaña o sábado 20 de outubro, dentro dos XXXI Circuítos Teatrais.

O duro relato íntimo da actriz Iria Pinheiro

Todo o que padeceu Iria Pinheiro ten un nome: violencia obsténtrica, un dos tipos de violencia de xénero que se produce no ámbito sanitario. Anatomía dunha serea é unha obra autobiográfica e con carácter testemuñal. O relato autobiográfico dunha muller que entrou no hospital para dar a luz sen saber exactamente a que se enfrontaba

O meu avogado recomendou que sería máis eficaz denunciar a violencia obsténtrica desde os escenarios que desde os xulgados

Iria Pinheiro entrou no hospital para dar a luz con rotura de bolsa amniótica. Varios días despois saiu mutilada daquel edificio, coa sensación de ter sido estafada e sen o seu fillo. Foi abandonada polo sistema e tivo que xestionar a súa dor e recuperación en soidade. Pero axiña descubriu que non era a única muller mutilada no momento de parir. Investiga nas redes e atopa testemuños por todo o mundo. Entón é cando se convence da necesidade de abrir un camiño para outras mulleres, contando a súa historia no espazo público cos medios que ten ao seu alcance: os que lle proporciona o seu traballo en escena.

Anatomía dunha serea fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.