Ana Pontón rexeita as “ofensivas” declaracións de Feijóo

Pontón reclamou que as institucións difundan a obra do nacionalista sen “descafeinar” e sen censuras

A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu ao acto de recepción da obra A derradeira lección do mestre de Castelao que, chegada do Centro Galego de Bos Aires, será exhibida por primeira vez en Galiza na Cidade da Cultura.“Estou aquí como galega, por Castelao e porque queremos que a súa obra fique aquí”, demandou Pontón, quen se declarou “emocionada” ante esta emblemática estampa que, ademais do seu valor artístico, está cargada de simbolismo.

- Publicidade -

Castelao, mellor sen censuras

“É mais que unha obra de arte, é o retrato do asasinato de Alexandre Bóveda pero tamén unha apelación ao futuro que simbolizan eses nenos, é o futuro dunha Galiza libre e digna”, recalcou. Tras unha intervención do presidente da Xunta sen referencia algunha a identidade do “mestre” que retratou Castelao, Pontón reclamou que as institucións difundan a obra do nacionalista sen “descafeinar” e sen censuras.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego