Home Espazo Aberto Feminismos Ana Pontón: “Reivindicamos á Rosalía feminista, galeguista, a muller avanzada ao seu tempo”

Ana Pontón: “Reivindicamos á Rosalía feminista, galeguista, a muller avanzada ao seu tempo”

0
Ana Pontón: “Reivindicamos á Rosalía feminista, galeguista, a muller avanzada ao seu tempo”

Este 24 de febreiro cúmprense 183 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha data que aproveitou o Bloque Nacionalista Galego para reivindicar a figura da poeta. “Reivindicamos á Rosalía feminista, galeguista, a muller avanzada ao seu tempo que representaba a modernidade que, en definitiva, encarna eses valores que promove o BNG para unha Galiza orgullosa da súa identidade, con cultura e lingua propias, que aposte por avanzar e na que deixemos atrás esta década escura do PP que está malogrando o país”, salientou a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, ante o monumento que homenaxea á escritoria na praza de Vigo de Compostela, onde naceu a poeta.