A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, volveu dirixirse aos medios sobre a situación de precaridade que se está a dar no sistema de saúde pública. Califica a situación de insostible, e insta á Xunta a que “comece a tomarse a saúde en serio” e que rectifique as medidas e os recortes que suscitaron esta situación.
Destacou que “o deterioro da sanidade pública pon en perigo a vida das persoas”. Deterioro sobre o que “invitan” a Feijoo a tomar responsabilidade e instaurar “medidas en serio” que solucionen as listas de espera quilométricas, o maltrato dos traballadores, a falta de resposta das Xerencias… e sobre todo, a diferencia de 188 millóns de euros menos no orzamento de 2019 en comparación a fai unha década.
Ademais, piden xunto o resto de partidos da oposición, a comparecencia urxente no próximo pleno do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e da xerente do CHUS, Eloina Núñez.